27/05/2025

CHARLA CON ANA LOJO.

Hoxe o alumnado de 6º de Ed. Primaria tivo a sorte de charlar con Ana Lojo (escritora e mestra do noso centro). Despois de ler o seu libro Estela de Cartas, tiveron a ocasión de falar con ela sobre o proceso de creación dun libro, desde os primeiros esbozos ata a súa publicación. 

Tamén aproveitaron a ocasión para facerlle preguntas e para levar un exemplar asinado. E tiveron a primicia de saber como empezará a segunda parte deste libro...

Grazas Ana, por adicarnos un cachiño do teu tempo!






Ningún comentario:

Publicar un comentario