O venres 16 celebramos a tradicional Romaría das Letras Galegas adicada este ano á poesía tradicional oral (cantareiras).
Por iso, dende a biblioteca, invitamos ao grupo de cantoterapia da Cruz Vermella a desfrutar deste día con nós para que nos deleitaran con algunhas cantigas tradicionais. Foi unha xornada chea de música e baile onde toda a comunidade escolar festexou a nosa lingua.
Moitas grazas á Cruz Vermella por colaborar, unha vez máis, co noso cole!
Ningún comentario:
Publicar un comentario