19/10/2023

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA.

Despois de estar pechada unha tempada para a súa organización e reforma; esta semana, coincidindo co Día das Bibliotecas Escolares o 24 de outubro, por fin puidemos inaugurar a nosa biblioteca.

Para iso todas as clases a visitaron e recibiron unha pequena explicación acerca do seu funcionamento.












XA TEMOS AXUDANTES!

Aquí están os nenos/as de 5º e 6º que voluntariamente se ofreceron para ser axudantes da biblioteca durante os recreos. 

MOITAS GRAZAS!!!!