O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Este curso tratamos de relacionar a homenaxe a esta autora tan importante para a nosa lingua co proxecto de centro sobre o mar, polo que decidimos recolectar lixo na praia (fomentando así a conciencia sobre a contaminación marítima) e posteriormente elaborar con el un retrato de Rosalía.
25/03/2026
09/05/2025
TEATRO LETRAS GALEGAS.
Hoxe comezamos coa semana das Letras Galegas e fixémolo coa obra de teatro "Dende Rosalía ata as Cantareiras" da Xanela do Maxín.
Unha obra moi interesante na que repasamos as mulleres homenaxeadas nas Letras Galegas comezando por Rosalía de Castro e rematando coas cantareiras, as homenaxeadas deste ano, pasando por Luísa Villalta, María Victoria Moreno....
Aprendemos moito e pasámolo mellor aínda!
03/04/2025
VISITA Á CASA DE ROSALÍA.
19/03/2025
AS PEGADAS DE ROSALIA DE CASTRO
Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, celebrado o 23 de febreiro, o alumnado do colexio fixo unha investigación para ver as pegadas que hai de Rosalía de Castro por todo o mundo.
Aquí tedes o resultado de dita investigación.
26/02/2024
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.
O 23 de febreiro, coincidindo co seu nacemento, celébrase o Día de Rosalía de Castro.
Dende a biblioteca quixemos traballar a importancia desta escritora galega, polo que cada clase pasou por alí para coñecer un pouquiño a súa vida e realizar unha manualidade.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo con algunhas fotos.

















