Seguindo coas actividades do Día do Libro, elaboramos un "mar de libros" onde cada alumno/a deixou constancia do seu libro favorito ou fixo unha recomendación lectora.
08/05/2026
27/04/2026
FAMILIAS QUE CONTAN.
Ao longo da semana pasada, dentro da celebración do Día do Libro, tivemos a visita de moitas familias que nos viñeron a contar contos relacionados co mar.
Grazas a todas por encher o noso mar de contos!!!
23/04/2026
APADRIÑAMENTO LECTOR.
O 23 de abril celébrase o Día do Libro e nos aproveitamos este día para facer un apadriñamento lector, onde os nenos de 5º e 6º lles leron un conto relacionado co mar aos máis pequenos.
Como sempre foi todo un éxito. Grazas pequenos grandes lectores!
14/05/2025
CADA LIBRO CO SEU PAÍS.
Para relacionar o día do libro co proxecto de centro deste curso, decidimos investigar de que país eran diferentes contos. Unha vez feita a investigación, ilustramos a súa portada e fixemos a bandeira do país correspondente.
Aquí podedes ver algún exemplo.
07/05/2025
APADRIÑAMENTO LECTOR
O día 23 de abril celébrase o Día do Libro e no noso cole, entre outras actividades, fixemos un apadriñamento lector onde o alumnado máis grande lle contou un conto aos máis pequenos.
Desfrutamos un montón!
No seguinte enlace podedes ver fotos dese marabilloso momento.
23/04/2025
MESTRAS QUE CONTAN!
Co gallo da celebración do Día do Libro, durante este mes mestras voluntarias estánnos a contar un conto durante os recreos.
Moitas grazas pola vosa colaboración!





































