Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro. Amosar todas as publicacións

27/05/2026

PASAPALABRA

 

Noraboa ás gañadoras pola súa sabedoría acerca de palabras relacionadas co mar. E ás demais, moitas grazas pola vosa participación. 








26/05/2026

OBRADOIRO DE ANIMAIS MARIÑOS.

A semana pasada tamén levamos a cabo un obradoiro de animais mariños con limpapipas. Quedaron estupendos!






19/05/2026

OBRADOIRO DE PULSEIRAS MARIÑAS.

Hoxe tivemos un obradoiro de pulseiras mariñas. Mirade que xoias tan fermosas elaboraron os/as nosos/as artistas!




18/05/2026

CHARLA DE BUCEO.

O venres 8 tivemos a sorte de poder asistir a unha charla de buceo impartida polo noso mestre de Educación Física. 

Nela contounos os pasos a seguir para ser buceador profesional, a vestimenta e accesorios imprescindibles para ir sair a bucear e amosounos fotos e videos da fauna mariña que el fotografía cando vai ao fondo do mar. 

Moitas grazas profe Antonio!!!







08/05/2026

UN MAR DE LIBROS

Seguindo coas actividades do Día do Libro, elaboramos un "mar de libros" onde cada alumno/a deixou constancia do seu libro favorito ou fixo unha recomendación lectora.





25/03/2026

ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Este curso tratamos de relacionar a homenaxe a esta autora tan importante para a nosa lingua co proxecto de centro sobre o mar, polo que decidimos recolectar lixo na praia (fomentando así a conciencia sobre a contaminación marítima) e posteriormente elaborar con el un retrato de Rosalía. 



20/01/2026

18/12/2025

OBRADOIRO DE POSTAIS

Aproxímanse datas de agarimo, paz e bos desexos... Por iso aproveitamos para levar a cabo un obradoiro de postais para intercambiar cos nosos compañeiros/as e desexarlles unhas felices festas.









01/06/2025

CONCURSO DE BANDEIRAS.

O venres levamos a cabo un concurso de bandeiras onde o alumnado que se animou a participar debía ser o primeiro en identificar a bandeira e dicir a que país pertencía. 

Foi un recreo moi emocionante onde pasamos un ratiño moi divertido. 

Noraboa aos participantes por ser capaces de recoñecer tantas bandeiras. Sodes incribles!!!






03/02/2025

ANIMAIS DE ÁFRICA

A semana pasada desfrutamos dun obradoiro de debuxo da man de Olivia de 4º de Ed. Primaria que nos amosou como debuxar animais de África paso a paso. 

Moitas grazas Oli por participar na proposta con tanta alegría e vontade!



30/01/2025

OBRADOIRO WEROBOTS

Esta semana o alumnado de Primaria está desfrutando e aprendendo sobre robótica e programación da man da academia WeRobots.




27/01/2025

OBRADOIRO DE DEBUXO.

Este xoves no recreo anímate a desfrutar dun obradoiro de debuxo sobre animais de África da man de Olivia de 4º de EP.

Esperámoste na biblioteca!




24/01/2025

OBRADOIRO DE REGUEIFAS.

No día de onte o alumnado de 5º de EP tivo a sorte de participar nun obradoiro de regueifas a cargo de Lupe Blanco.

Aquí podedes ver algunhas mostras do traballo realizado. 





06/06/2024

SALÓN DO CÓMIC.

Durante estas últimas semanas o alumnado de 4º de Educación Primaria elaborou os seus propios cómics e despois presentáronllelos na biblioteca aos seus compañeiros/as.

Se algúen quere disfrutar destas lecturas, están á vosa disposición na biblioteca do cole.