22/04/2024

CONTACONTOS EN FAMILIA.

O martes pola tarde na biblioteca do cole tivemos a primeira sesión de Contacontos en familia. Eva, a mamá de Carlos, animouse a virnos a contar Los dientes de Trino Rojo, un conto moi divertido sobre a saúde bucodental. Despois de escoitar o conto fixemos un par de manualidades. 

Moitas grazas ás familias que participaron e a Eva!!!








VISITA DE LETICIA BARBADILLO

O luns 15 de abril o alumnado de 5º e 6º recibiu a visita de Leticia Barbadillo, autora do libro A botella de lentellas, para charlar un pouco sobre o conto despois de finalizar a súa lectura. 





12/04/2024

CONTOS A ESCURAS.

Durante estes días estamos facendo varias sesións dun contacontos  con luz negra a cargo das "teachers" do cole. 

Aquí tedes unhas imaxes para que poidades ver a MAXIA!