Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións

29/06/2026

MUSEO DO MAR.

Aquí deixamos algunhas fotos e videos do noso museo, para aqueles que non puidéchedes vir a visitalo. Para acceder clicade neste enlace

Moitas grazas pola vosa colaboración e pola visita!


27/05/2026

PASAPALABRA

 

Noraboa ás gañadoras pola súa sabedoría acerca de palabras relacionadas co mar. E ás demais, moitas grazas pola vosa participación. 








26/05/2026

OBRADOIRO DE ANIMAIS MARIÑOS.

A semana pasada tamén levamos a cabo un obradoiro de animais mariños con limpapipas. Quedaron estupendos!






19/05/2026

OBRADOIRO DE PULSEIRAS MARIÑAS.

Hoxe tivemos un obradoiro de pulseiras mariñas. Mirade que xoias tan fermosas elaboraron os/as nosos/as artistas!




18/05/2026

CHARLA DE BUCEO.

O venres 8 tivemos a sorte de poder asistir a unha charla de buceo impartida polo noso mestre de Educación Física. 

Nela contounos os pasos a seguir para ser buceador profesional, a vestimenta e accesorios imprescindibles para ir sair a bucear e amosounos fotos e videos da fauna mariña que el fotografía cando vai ao fondo do mar. 

Moitas grazas profe Antonio!!!







23/04/2026

APADRIÑAMENTO LECTOR.

O 23 de abril celébrase o Día do Libro e nos aproveitamos este día para facer un apadriñamento lector, onde os nenos de 5º e 6º lles leron un conto relacionado co mar aos máis pequenos. 

Como sempre foi todo un éxito. Grazas pequenos grandes lectores!



25/03/2026

ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Este curso tratamos de relacionar a homenaxe a esta autora tan importante para a nosa lingua co proxecto de centro sobre o mar, polo que decidimos recolectar lixo na praia (fomentando así a conciencia sobre a contaminación marítima) e posteriormente elaborar con el un retrato de Rosalía. 



24/02/2026

CONTACONTOS IES A CACHADA

O venres, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria, tivemos a sorte de contar con alumnos/as do clube de lectura e da materia de lingua portuguesa do IES A Cachada que nos viñeron a contar uns contos sobre o mar e a facernos unhas pequenas dramatizacións. 

Grazas pola visita e por contar con nós para estas actividades!




03/02/2026

MALETA MARIÑEIRA "EXPLORANDO OS OCÉANOS".

Durante o mes de xaneiro desfrutamos dunha maleta viaxeira cedida en préstamo polo CEIDA. Esta maleta contiña libros relacionados cos océanos e fómola pasando por cada clase para que todos os nenos/as puideran desfrutar e aprender máis cousas relacionadas co noso proxecto de centro. 









DÍA DA PAZ.

Para conmemorar o día da Paz, en colaboración co equipo de extraescolares, fixemos unha lectura internivel onde os nenos de 6º de Primaria foron polas demais aulas contando o conto " O Peixe Arco da Vella". 

Despois elaboramos un mural onde cada neno/a elaborou unha escama para completar o noso peixe.




20/01/2026

17/12/2025

PREMIOS PASAPORTE LECTOR.

Hoxe entregamos os premios do pasaporte lector a todos aqueles nenos e nenas de Ed. Primaria que conseguiron os tres selos do pasaporte. Ao alumnado de Ed. Infantil tamén se lle fixo entrega nas súas sesións de biblioteca. 



18/11/2025

RECUNCHO DO MAR

Aquí está o noso recuncho da biblioteca onde podemos investigar e aprender sobre o noso PDI "O banco do mar". 


27/10/2025

VISITA DE ROGELIO SANTOS QUEIRUGA

 24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Día no que presentamos o proxecto deste curso, "O banco do mar", a través do cal nos adentraremos nas profundidades mariñas para coñecer a súa flora e fauna, os oficios relacionados co mar, os aparellos empregados...
E que mellor maneira de inaugurar este proxecto que da man de Rogelio Santos Queiruga,  experto mariñeiro e divulgador de grandes coñecementos.
Moitas grazas por compartir con nós 
esta mañá e por ser fonte de motivación para os nosos nenos e nenas.





10/06/2025

PRESENTACIÓN OCEANÍA

Hoxe tocounos presentarlles aos nosos compañeiros e compañeiras todo o que investigamos de Oceanía: animais, comidas típicas, lugares de interese...

Deixamos unhas imaxes que reflexan todo o traballo feito.