Amosando publicacións coa etiqueta familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta familias. Amosar todas as publicacións

29/06/2026

MUSEO DO MAR.

Aquí deixamos algunhas fotos e videos do noso museo, para aqueles que non puidéchedes vir a visitalo. Para acceder clicade neste enlace

Moitas grazas pola vosa colaboración e pola visita!


27/04/2026

FAMILIAS QUE CONTAN.

Ao longo da semana pasada, dentro da celebración do Día do Libro,  tivemos a visita de moitas familias que nos viñeron a contar contos relacionados co mar. 

Grazas a todas por encher o noso mar de contos!!!



20/01/2026

12/11/2025

MOCHILAS VIAXEIRAS

 As mochilas viaxeiras xa están preparadas para visitar as casas de todos os nenos/as e compartir momentos de lectura en familia. 



19/05/2025

LETRAS GALEGAS COA CRUZ VERMELLA

O venres 16 celebramos a tradicional Romaría das Letras Galegas adicada este ano á poesía tradicional oral (cantareiras). 

Por iso, dende a biblioteca, invitamos ao grupo de cantoterapia da Cruz Vermella a desfrutar deste día con nós para que nos deleitaran con algunhas cantigas tradicionais. Foi unha xornada chea de música e baile onde toda a comunidade escolar festexou a nosa lingua.

Moitas grazas á Cruz Vermella por colaborar, unha vez máis, co noso cole!









14/05/2025

CONTACONTOS EN FAMILIA.

 Onte pola tarde tivemos un contacontos con luz negra para as familias que quixeron asistir. A profe María contounos o conto "¿Qué bigotes me pasa?" para traballar as emocións e despois fixemos un debuxo do mesmo. 

Foi unha xornada moi divertida. Grazas aos asistentes!







14/05/2024

CONTACONTOS CO CENTRO DE MAIORES.

O alumnado de 2º de Ed. Primaria tivo a sorte de desfrutar dun contacontos sobre o alzheimer a cargo da mamá de Martina Buceta e dos usuarios da residencia de maiores de Ribeira xestionada por Domus VI.




22/04/2024

CONTACONTOS EN FAMILIA.

O martes pola tarde na biblioteca do cole tivemos a primeira sesión de Contacontos en familia. Eva, a mamá de Carlos, animouse a virnos a contar Los dientes de Trino Rojo, un conto moi divertido sobre a saúde bucodental. Despois de escoitar o conto fixemos un par de manualidades. 

Moitas grazas ás familias que participaron e a Eva!!!