Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións

09/05/2025

TEATRO LETRAS GALEGAS.

Hoxe comezamos coa semana das Letras Galegas e fixémolo coa obra de teatro "Dende Rosalía ata as Cantareiras" da Xanela do Maxín. 

Unha obra moi interesante na que repasamos as mulleres homenaxeadas nas Letras Galegas comezando por Rosalía de Castro e rematando coas cantareiras, as homenaxeadas deste ano, pasando por Luísa Villalta, María Victoria Moreno....

Aprendemos moito e pasámolo mellor aínda!





13/05/2024

VISITA DE LUIS VALLECILLO.

O alumnado de Ed. Infantil e 1º ciclo de Ed. Primaria tivo a sorte de asistir no salón de actos do colexio a unha actuación de Luis Vallecillo chamada "Buscando a Rosalía". 

Pasámolo moi ben cantando e bailando!




03/05/2024

PASANDO A BÓLA.

O pasado xoves o alumnado de Ed.Primaria tivo a ocasión de desfrutar e participar no espectáculo "Pasando a bóla" da compañía teatral A Xanela do Maxín. Un espectáculo no que os nenos e nenas foron os protagonistas simulando e buscando solucións para un tema tan importante como é o acoso escolar.