Amosando publicacións coa etiqueta dinamización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dinamización. Amosar todas as publicacións

18/05/2026

CLUB DE LECTURA

A semana pasada rematamos o noso primeiro club de lectura. Nel, os nenos/as que quixeron forman parte, tiveron a oportunidade de ler os cómics de Policán e conversar sobre os mesmos en cada reunión que se celebrou na biblioteca de forma quincenal.

Moitas grazas a todos/as por participar!



CHARLA DE BUCEO.

O venres 8 tivemos a sorte de poder asistir a unha charla de buceo impartida polo noso mestre de Educación Física. 

Nela contounos os pasos a seguir para ser buceador profesional, a vestimenta e accesorios imprescindibles para ir sair a bucear e amosounos fotos e videos da fauna mariña que el fotografía cando vai ao fondo do mar. 

Moitas grazas profe Antonio!!!







08/05/2026

OS MESTRES TAMÉN CONTAN.

A semana pasada tivemos a sorte de que Theo, o noso auxiliar de conversa, e Antonio,  o mestre de Educación Física, nos contaron uns contos no recreo. 

Grazas por encher o noso mar de historias e aventuras!






UN MAR DE LIBROS

Seguindo coas actividades do Día do Libro, elaboramos un "mar de libros" onde cada alumno/a deixou constancia do seu libro favorito ou fixo unha recomendación lectora.





30/03/2026

PREMIO PASAPORTE LECTOR

 Os últimos días de cole fixemos a entrega dos agasallos para aqueles nenos/as que completaron o pasaporte lector do 2º trimestre. 

Noraboa lectores/as e a seguir desfrutando da lectura!





25/03/2026

ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Este curso tratamos de relacionar a homenaxe a esta autora tan importante para a nosa lingua co proxecto de centro sobre o mar, polo que decidimos recolectar lixo na praia (fomentando así a conciencia sobre a contaminación marítima) e posteriormente elaborar con el un retrato de Rosalía. 



24/02/2026

CONTACONTOS IES A CACHADA

O venres, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria, tivemos a sorte de contar con alumnos/as do clube de lectura e da materia de lingua portuguesa do IES A Cachada que nos viñeron a contar uns contos sobre o mar e a facernos unhas pequenas dramatizacións. 

Grazas pola visita e por contar con nós para estas actividades!




03/02/2026

MALETA MARIÑEIRA "EXPLORANDO OS OCÉANOS".

Durante o mes de xaneiro desfrutamos dunha maleta viaxeira cedida en préstamo polo CEIDA. Esta maleta contiña libros relacionados cos océanos e fómola pasando por cada clase para que todos os nenos/as puideran desfrutar e aprender máis cousas relacionadas co noso proxecto de centro. 









17/12/2025

PREMIOS PASAPORTE LECTOR.

Hoxe entregamos os premios do pasaporte lector a todos aqueles nenos e nenas de Ed. Primaria que conseguiron os tres selos do pasaporte. Ao alumnado de Ed. Infantil tamén se lle fixo entrega nas súas sesións de biblioteca. 



16/12/2025

CONTACONTOS DE ADVENTO.

Durante este mes as axudantes da biblioteca estivéronnos lendo un conto de advento nos recreos; onde cada día íamos lendo un novo capítulo para todo o alumnado voluntario que quería escoitalo. 



12/11/2025

MOCHILAS VIAXEIRAS

 As mochilas viaxeiras xa están preparadas para visitar as casas de todos os nenos/as e compartir momentos de lectura en familia. 



27/10/2025

VISITA DE ROGELIO SANTOS QUEIRUGA

 24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Día no que presentamos o proxecto deste curso, "O banco do mar", a través do cal nos adentraremos nas profundidades mariñas para coñecer a súa flora e fauna, os oficios relacionados co mar, os aparellos empregados...
E que mellor maneira de inaugurar este proxecto que da man de Rogelio Santos Queiruga,  experto mariñeiro e divulgador de grandes coñecementos.
Moitas grazas por compartir con nós 
esta mañá e por ser fonte de motivación para os nosos nenos e nenas.