Hoxe o alumnado de 6º de Ed. Primaria tivo a sorte de charlar con Ana Lojo (escritora e mestra do noso centro). Despois de ler o seu libro Estela de Cartas, tiveron a ocasión de falar con ela sobre o proceso de creación dun libro, desde os primeiros esbozos ata a súa publicación.
Tamén aproveitaron a ocasión para facerlle preguntas e para levar un exemplar asinado. E tiveron a primicia de saber como empezará a segunda parte deste libro...
Grazas Ana, por adicarnos un cachiño do teu tempo!