18/11/2025
RECUNCHO DO MAR
Aquí está o noso recuncho da biblioteca onde podemos investigar e aprender sobre o noso PDI "O banco do mar".
12/11/2025
MOCHILAS VIAXEIRAS
As mochilas viaxeiras xa están preparadas para visitar as casas de todos os nenos/as e compartir momentos de lectura en familia.
06/11/2025
27/10/2025
VISITA DE ROGELIO SANTOS QUEIRUGA
24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Día no que presentamos o proxecto deste curso, "O banco do mar", a través do cal nos adentraremos nas profundidades mariñas para coñecer a súa flora e fauna, os oficios relacionados co mar, os aparellos empregados...E que mellor maneira de inaugurar este proxecto que da man de Rogelio Santos Queiruga, experto mariñeiro e divulgador de grandes coñecementos.
Moitas grazas por compartir con nós esta mañá e por ser fonte de motivación para os nosos nenos e nenas.
22/10/2025
AXUDANTES 2025-2026
Dende o Equipo de Biblioteca estamos moi contentas pola gran acollida que tivo este curso o rol de axudantes da biblioteca.
Moitas grazas a todos/as por colaborar con nós!
21/10/2025
14/10/2025
BÚSCANSE AXUDANTES!
A biblioteca precisa axudantes. Se eres alumno/a de 3º a 6º de Ed. Primaria e queres colaborar nos recreos nas tarefas da biblioteca, pasa a apuntarte!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













