O 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía e para conmemoralo estivemos lendo, ilustrando e creando poesías seguindo diferentes técnicas.
Aquí tedes unha pequena escolma dos nosos traballos.
O 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía e para conmemoralo estivemos lendo, ilustrando e creando poesías seguindo diferentes técnicas.
Aquí tedes unha pequena escolma dos nosos traballos.
Hoxe tocounos expoñer todo o investigado sobre os diferentes temas de Asia aos nosos compañeiros. Fixémolo a través de exposicións e videos.
E non paramos de traballar porque agora vamos a investigar sobre América para continuar completando o noso mapa do mundo.
Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, celebrado o 23 de febreiro, o alumnado do colexio fixo unha investigación para ver as pegadas que hai de Rosalía de Castro por todo o mundo.
Aquí tedes o resultado de dita investigación.
O mércores 19 convidámosvos a ver a película "Billy e Cora", producida polo alumnado de 3º de Ed. Primaria.
O venres pasado, despois de moito investigar acerca do noso reto sobre o continente africano, fixemos as nosas exposicións ante os nosos compañeiros/as do colexio para amosarlle todo o aprendido.
E agora vamos polo continente de Asia!
O alumnado de 5ª de Educación Primaria, en colaboración co equipo de biblioteca, elaborou uns Booktubers onde comparten as súas impresións sobre un libro de xeito dinámico e creativo. A través desta actividade no só potenciamos o gusto pola lectura, senón que tamén melloramos a expresión oral e a dixital.
Moitas grazas pola vosa implicación!