A continuación tedes un enlace onde podedes ver as recomendacións lectoras que o equipo de biblioteca vos fai neste primeiro trimestre.
Recomendacións lectoras 1º trimestre
Aproveitamos para desexarvos a todos e todas unha moi FELICES FESTAS!
A continuación tedes un enlace onde podedes ver as recomendacións lectoras que o equipo de biblioteca vos fai neste primeiro trimestre.
Recomendacións lectoras 1º trimestre
Aproveitamos para desexarvos a todos e todas unha moi FELICES FESTAS!
O venres levamos a cabo a exposición dos nosos traballos sobre o continente europeo. Despois de moito investigar e traballar acerca da temática que a cada clase lle tocou, o venres foi o momento de presentarlle as nosas investigacións aos demais compañeiros do cole para así aprender uns dos outros.
Temos a biblioteca cargadiña de novidades; iremos sacándoas pouquiño a pouco. Pasade a botarlle unha ollada e a levar en préstamo a que máis vos gusten.
Para celebrar o Samaín, en colaboración co ENLG, organizáronse uns contacontos onde os nenos maiores lles contaron aos máis pequenos lendas e contos relacionados con esta temática.
O 24 de outubro celébrase o Día das bibliotecas Escolares e nos aproveitamos a ocasión para xuntarnos todos/as no salón de actos do colexio e presentar o proxecto de centro deste curso, "A volta ao mundo en 8 meses", co cal trataremos de aprender moitas cousas acerca dos continentes.