25/11/2024

MES DA CIENCIA.

Xa estamos metidos de cheo na realización dos experimentos do mes da ciencia na biblioteca.
Que ben o estamos a pasar!!

NOVIDADES

 Temos a biblioteca cargadiña de novidades; iremos sacándoas pouquiño a pouco. Pasade a botarlle unha ollada e a levar en préstamo a que máis vos gusten. 







05/11/2024

CONTACONTOS SAMAÍN

Para celebrar o Samaín, en colaboración co ENLG, organizáronse uns contacontos onde os nenos maiores lles contaron aos máis pequenos lendas e contos relacionados con esta temática. 



25/10/2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

O 24 de outubro celébrase o Día das bibliotecas Escolares e nos aproveitamos a ocasión para xuntarnos todos/as no salón de actos do colexio e presentar o proxecto de centro deste curso, "A volta ao mundo en 8 meses", co cal trataremos de aprender moitas cousas acerca dos continentes. 







09/10/2024

RECREOS CHEOS!

 Como desfrutamos vendo que o traballo realizado ten o seu froito cando nos atopamos coa biblioteca chea durante os recreos!!!



PRESENTACIÓNS CURSO 2024-2025

A semana pasada abrimos a biblioteca para este curso 2024-2025. 
Durante eses días os membros do equipo de biblioteca recibimos a cada clase para recordar e explicar as normas e o funcionamento da mesma.