09/05/2025

TEATRO LETRAS GALEGAS.

Hoxe comezamos coa semana das Letras Galegas e fixémolo coa obra de teatro "Dende Rosalía ata as Cantareiras" da Xanela do Maxín. 

Unha obra moi interesante na que repasamos as mulleres homenaxeadas nas Letras Galegas comezando por Rosalía de Castro e rematando coas cantareiras, as homenaxeadas deste ano, pasando por Luísa Villalta, María Victoria Moreno....

Aprendemos moito e pasámolo mellor aínda!





08/05/2025

PRESENTACIÓN AMÉRICA

 Hoxe tocounos presentar todo o investigado acerca de América. Dende os máis pequechos ata os máis grandes, todos e todas foron contando e amosando todo aquelo que descubriron e elaboraron; aprendendo así uns doutros. 

O proxecto xa está tocando a súa fin, pero non sen antes adentrarnos na investigación de Oceanía. Alá imos!!!




07/05/2025

APADRIÑAMENTO LECTOR

 O día 23 de abril celébrase o Día do Libro e no noso cole, entre outras actividades, fixemos un apadriñamento lector onde o alumnado máis grande lle contou un conto aos máis pequenos. 

Desfrutamos un montón!

No seguinte enlace podedes ver fotos dese marabilloso momento. 

Apadriñamento lector

23/04/2025

MESTRAS QUE CONTAN!

Co gallo da celebración do Día do Libro, durante este mes mestras voluntarias estánnos a contar un conto durante os recreos.

Moitas grazas pola vosa colaboración!







11/04/2025

PREMIOS PASAPORTE LECTOR

Onte e hoxe fixemos a entrega dos premios do pasaporte lector para aqueles nenos/as que conseguiron completalo.

Noraboa e a polo terceiro trimestre!






09/04/2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2º TRIMESTRE

Achégase o final deste 2º trimestre e, dende o Equipo de Biblioteca, deixámosvos unhas recomendacións lectoras para que sigades desfrutando da lectura nestes días de descanso. 

Recomendacións lectoras 2º trimestre

03/04/2025

VISITA Á CASA DE ROSALÍA.

O pasado venres o alumnado do 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria visitou a casa de Rosalía de Castro para coñecer un pouco máis da vida desta escritora tan importante para a nosa lingua.