03/05/2024

PASANDO A BÓLA.

O pasado xoves o alumnado de Ed.Primaria tivo a ocasión de desfrutar e participar no espectáculo "Pasando a bóla" da compañía teatral A Xanela do Maxín. Un espectáculo no que os nenos e nenas foron os protagonistas simulando e buscando solucións para un tema tan importante como é o acoso escolar. 







PICNIC LITERARIO

O 23 de abril celébrase o Día do Libro e por este motivo o alumnado de Ed. Infantil e 1º ciclo de Ed. Primaria fixemos un picnic literario onde merendamos e lemos un conto no patio do cole. 
Aquí tedes unha mostra de fotos para que vexades que ben preparados viñeron os nenos/as para a ocasión.







22/04/2024

CONTACONTOS EN FAMILIA.

O martes pola tarde na biblioteca do cole tivemos a primeira sesión de Contacontos en familia. Eva, a mamá de Carlos, animouse a virnos a contar Los dientes de Trino Rojo, un conto moi divertido sobre a saúde bucodental. Despois de escoitar o conto fixemos un par de manualidades. 

Moitas grazas ás familias que participaron e a Eva!!!








VISITA DE LETICIA BARBADILLO

O luns 15 de abril o alumnado de 5º e 6º recibiu a visita de Leticia Barbadillo, autora do libro A botella de lentellas, para charlar un pouco sobre o conto despois de finalizar a súa lectura. 





12/04/2024

CONTOS A ESCURAS.

Durante estes días estamos facendo varias sesións dun contacontos  con luz negra a cargo das "teachers" do cole. 

Aquí tedes unhas imaxes para que poidades ver a MAXIA!








25/03/2024

DÍA DA POESÍA

 O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía e o alumnado de 2º de Educación Primaria quixo aproveitar a ocasión para ler e recitar uns poemas no patio do cole.