O luns 15 de abril o alumnado de 5º e 6º recibiu a visita de Leticia Barbadillo, autora do libro A botella de lentellas, para charlar un pouco sobre o conto despois de finalizar a súa lectura.
22/04/2024
12/04/2024
CONTOS A ESCURAS.
Durante estes días estamos facendo varias sesións dun contacontos con luz negra a cargo das "teachers" do cole.
Aquí tedes unhas imaxes para que poidades ver a MAXIA!
11/04/2024
25/03/2024
DÍA DA POESÍA
O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía e o alumnado de 2º de Educación Primaria quixo aproveitar a ocasión para ler e recitar uns poemas no patio do cole.
SEMANA DA PRENSA
Para celebrar a Semana da Prensa e achegar ao alumnado a este tipo de información, celebramos un Escape Room adaptado aos diferentes ciclos.
Podedes ver o ben que o pasaron resolvendo todos os enigmas clicando encima da foto.
26/02/2024
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.
O 23 de febreiro, coincidindo co seu nacemento, celébrase o Día de Rosalía de Castro.
Dende a biblioteca quixemos traballar a importancia desta escritora galega, polo que cada clase pasou por alí para coñecer un pouquiño a súa vida e realizar unha manualidade.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo con algunhas fotos.
08/02/2024
SEGUIMOS CON CONTACONTOS!
Durante os recreos algúns nenos/as anímanse a virnos contar algúns contiños creados por eles mesmos para que os poidamos disfrutar todos xuntos.
Grazas por darlle vida á nosa biblioteca!!











.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)





