Para celebrar a Semana da Prensa e achegar ao alumnado a este tipo de información, celebramos un Escape Room adaptado aos diferentes ciclos.
Podedes ver o ben que o pasaron resolvendo todos os enigmas clicando encima da foto.

O 23 de febreiro, coincidindo co seu nacemento, celébrase o Día de Rosalía de Castro.
Dende a biblioteca quixemos traballar a importancia desta escritora galega, polo que cada clase pasou por alí para coñecer un pouquiño a súa vida e realizar unha manualidade.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo con algunhas fotos.
Durante os recreos algúns nenos/as anímanse a virnos contar algúns contiños creados por eles mesmos para que os poidamos disfrutar todos xuntos.
Grazas por darlle vida á nosa biblioteca!!
Na semana previa ás vacacións, o noso auxiliar de conversa Sean e a teacher Arancha viñeron á biblioteca a contarnos uns contos sobre o Nadal.
Thank you very much!
Dende o Equipo de Biblioteca deixámosvos unha recomendacións lectoras para agasallar este Nadal.
BO NADAL!!!
Xa temos os tres finalistas para a elección da mascota da biblioteca. Emite o teu voto e pronto coñeceremos o logo que representará a nosa biblioteca.