29/06/2026

27/05/2026

PASAPALABRA

 

Noraboa ás gañadoras pola súa sabedoría acerca de palabras relacionadas co mar. E ás demais, moitas grazas pola vosa participación. 








26/05/2026

OBRADOIRO DE ANIMAIS MARIÑOS.

A semana pasada tamén levamos a cabo un obradoiro de animais mariños con limpapipas. Quedaron estupendos!






19/05/2026

OBRADOIRO DE PULSEIRAS MARIÑAS.

Hoxe tivemos un obradoiro de pulseiras mariñas. Mirade que xoias tan fermosas elaboraron os/as nosos/as artistas!




18/05/2026

CLUB DE LECTURA

A semana pasada rematamos o noso primeiro club de lectura. Nel, os nenos/as que quixeron forman parte, tiveron a oportunidade de ler os cómics de Policán e conversar sobre os mesmos en cada reunión que se celebrou na biblioteca de forma quincenal.

Moitas grazas a todos/as por participar!



CHARLA DE BUCEO.

O venres 8 tivemos a sorte de poder asistir a unha charla de buceo impartida polo noso mestre de Educación Física. 

Nela contounos os pasos a seguir para ser buceador profesional, a vestimenta e accesorios imprescindibles para ir sair a bucear e amosounos fotos e videos da fauna mariña que el fotografía cando vai ao fondo do mar. 

Moitas grazas profe Antonio!!!







08/05/2026

OS MESTRES TAMÉN CONTAN.

A semana pasada tivemos a sorte de que Theo, o noso auxiliar de conversa, e Antonio,  o mestre de Educación Física, nos contaron uns contos no recreo. 

Grazas por encher o noso mar de historias e aventuras!






UN MAR DE LIBROS

Seguindo coas actividades do Día do Libro, elaboramos un "mar de libros" onde cada alumno/a deixou constancia do seu libro favorito ou fixo unha recomendación lectora.





27/04/2026

FAMILIAS QUE CONTAN.

Ao longo da semana pasada, dentro da celebración do Día do Libro,  tivemos a visita de moitas familias que nos viñeron a contar contos relacionados co mar. 

Grazas a todas por encher o noso mar de contos!!!



23/04/2026

APADRIÑAMENTO LECTOR.

O 23 de abril celébrase o Día do Libro e nos aproveitamos este día para facer un apadriñamento lector, onde os nenos de 5º e 6º lles leron un conto relacionado co mar aos máis pequenos. 

Como sempre foi todo un éxito. Grazas pequenos grandes lectores!



25/03/2026

ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Este curso tratamos de relacionar a homenaxe a esta autora tan importante para a nosa lingua co proxecto de centro sobre o mar, polo que decidimos recolectar lixo na praia (fomentando así a conciencia sobre a contaminación marítima) e posteriormente elaborar con el un retrato de Rosalía.