24/02/2026

VISITA EVA MEJUTO

Hoxe o alumnado do 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria tivo a gran sorte de escoitar e conversar con Eva Mejuto, despois de ler as súas obras Queco e Kika e O día que choveron gatos. 



CONTACONTOS IES A CACHADA

O venres, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria, tivemos a sorte de contar con alumnos/as do clube de lectura e da materia de lingua portuguesa do IES A Cachada que nos viñeron a contar uns contos sobre o mar e a facernos unhas pequenas dramatizacións. 

Grazas pola visita e por contar con nós para estas actividades!




03/02/2026

MALETA MARIÑEIRA "EXPLORANDO OS OCÉANOS".

Durante o mes de xaneiro desfrutamos dunha maleta viaxeira cedida en préstamo polo CEIDA. Esta maleta contiña libros relacionados cos océanos e fómola pasando por cada clase para que todos os nenos/as puideran desfrutar e aprender máis cousas relacionadas co noso proxecto de centro. 









DÍA DA PAZ.

Para conmemorar o día da Paz, en colaboración co equipo de extraescolares, fixemos unha lectura internivel onde os nenos de 6º de Primaria foron polas demais aulas contando o conto " O Peixe Arco da Vella". 

Despois elaboramos un mural onde cada neno/a elaborou unha escama para completar o noso peixe.