26/06/2025

PASAPORTE LECTOR 3º TRIMESTRE

 Rematamos o trimestre facendo entrega dos premios do pasaporte lector a aqueles nenos/as que conseguiron os tres selos. 

Noraboa a todos e todas (faltan moitos nenos/as na foto). E a seguir lendo con tanto entusiasmo para o próximo curso!





BIBLIOPATIO

 Aproveitamos o bo tempo para poñer en funcionamento a "bibliopatio".



10/06/2025

PRESENTACIÓN OCEANÍA

Hoxe tocounos presentarlles aos nosos compañeiros e compañeiras todo o que investigamos de Oceanía: animais, comidas típicas, lugares de interese...

Deixamos unhas imaxes que reflexan todo o traballo feito. 



01/06/2025

CONCURSO DE BANDEIRAS.

O venres levamos a cabo un concurso de bandeiras onde o alumnado que se animou a participar debía ser o primeiro en identificar a bandeira e dicir a que país pertencía. 

Foi un recreo moi emocionante onde pasamos un ratiño moi divertido. 

Noraboa aos participantes por ser capaces de recoñecer tantas bandeiras. Sodes incribles!!!