18/02/2025

EXPOSICIÓNS ÁFRICA

O venres pasado, despois de moito investigar acerca do noso reto sobre o continente africano, fixemos as nosas exposicións ante os nosos compañeiros/as do colexio para amosarlle todo o aprendido.

                                         E agora vamos polo continente de Asia!







17/02/2025

BOOKTUBERS

O alumnado de 5ª de Educación Primaria, en colaboración co equipo de biblioteca, elaborou uns Booktubers onde comparten as súas impresións sobre un libro de xeito dinámico e creativo.  A través desta actividade no só potenciamos o gusto pola lectura, senón que tamén melloramos a expresión oral e a dixital.

Moitas grazas pola vosa implicación!







03/02/2025

ANIMAIS DE ÁFRICA

A semana pasada desfrutamos dun obradoiro de debuxo da man de Olivia de 4º de Ed. Primaria que nos amosou como debuxar animais de África paso a paso. 

Moitas grazas Oli por participar na proposta con tanta alegría e vontade!