25/11/2024

MES DA CIENCIA.

Xa estamos metidos de cheo na realización dos experimentos do mes da ciencia na biblioteca.
Que ben o estamos a pasar!!

NOVIDADES

 Temos a biblioteca cargadiña de novidades; iremos sacándoas pouquiño a pouco. Pasade a botarlle unha ollada e a levar en préstamo a que máis vos gusten. 







05/11/2024

CONTACONTOS SAMAÍN

Para celebrar o Samaín, en colaboración co ENLG, organizáronse uns contacontos onde os nenos maiores lles contaron aos máis pequenos lendas e contos relacionados con esta temática.